Suscribete a este Blog

domingo, 3 de xuño de 2018

Operación MacCrimmon 2



Fai un ano decidimos presentarnos a selección do trofeo MacCrimmon sen demasiada sorte. Este ano, tras outro montón de imprevistos o igual que o ano pasado, volvemos a presentarnos a este reto. ¿Seremos capaces de clasificarnos?
Aquí vos deixamos un novo vídeo da operación MacCrimmon na nosa canle de Youtube donde podedes ver si este ano seremos capaces de superar este reto.





Ler
    0

domingo, 4 de marzo de 2018

Antón Corral

Antón Corral naceu na Coruña o dia 11 de Xunio do ano 1936.
Antón Corral entrou en contacto coa música no colexio tocando a bandurra e interesouse polos instrumentos tradicionais a través de Antonio Sandar, compoñente do grupo Os Amigos de Lugo



A súa primeira actuación foi cun grupo de rapaces chamado Os Garabullos do Alto. Durante o servizo militar tocou o clarinete na banda militar. Logo de licenciarse meteuse de cheo no mundo da gaita, e tocou cos Modernos de Lugo e Os montes de Lugo, cos que tivo máis participación. Paralelamente, tocaba coa Sección Femenina e impartía clases de gaita en Cantigas e Frores.
Deixou de traballar como axente comercial por problemas de saúde e, animado polo veterano gaiteiro cuntiense coñecido como O Patelas, comezou o seu labor como artesán en 1974 en Lugo. En 1979 pasou a Ortigueira chamado pola Escola de Gaitas. Debido á falta de apoios económicos trasladouse novamente a Lugo, onde tentou formar un equipo con antigos alumnos como Carracedo, Ramón Casal, e o seu fillo Carlos Corral. Alí formaron un taller de artesáns chamado Soutelo de Montes, xa que a intención de formar unha cooperativa non prosperou. En 1983 trasladouse a Vigo para dirixir o Obradoiro de instrumentos da Universidade Popular de Vigo até 2000, ano en que se retirou.


Antón Corral interesouse por perfeccionar a gaita, traballando especialmente no timbre e na afinación do punteiro e experimentando con novas tonalidades.
Fundou e dirixe a banda de gaitas Xarabal de Vigo, coa que ten gravado dous discos de intención didáctica. Tamén fundou unha escola de artesáns que continúan Ramón Casal e o seu fillo Carlos.


Ler
    0
© 2018 TradiGaita. Deseñado por Bloggertheme9 |
Patrocinado por Blogger.